martes, 12 de febrero de 2019

Hoxe MARTES... rezamos cunha IMAXE

PREPARÁMONOS:

  • Fai un momento de silencio. Senta cómodo e respira fondo para estar en paz por dentro. Cae na conta de que Deus está contigo, escoitando o que hoxe Lle queres dicir e esperando que ti tamén o escoites a El. 
  • Comeza facendo amodo o sinal da cruz: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen. 

ESCOITAMOS:

Bo día! Hoxe rezamos cunha imaxe que ten que ver co que conmemoramos cada 12 de febreiro: Día internacional contra o uso de nenos soldados. Como cada día, abre os teus ollos, a túa mente, o teu corazón... e contempla.

CONTEMPLAMOS:


PENSAMOS:

  • Hoxe lembramos aos rapaces que, na actualidade, son reclutados e participan como nenos soldados en numerosos conflitos armados.
  • UNICEF calcula que ata 300.000 nenos e nenas en todo o mundo participan en grupos e forzas armadas con distintas funcións: combatentes, cociñeiros, carrexadores, mensaxeiros, espías ou por motivos sexuais.
  • Este recrutamento é ilegal e supón unha grave violación dos dereitos da infancia. Poñerlle fin é un proceso complexo que require un compromiso por parte de toda a sociedade.
  • Para estes nenos e nenas, regresar á súa vida e recuperar a súa infancia é difícil, porque ven o seu futuro truncado: «Cando te ves obrigado a ir á guerra, require tempo saber que outra cousa é posible. Eu pasei por iso», di Ismael Beah, un dos rapaces que escapou e foi a un centro de UNICEF no que lle ensinan, entre outras cousas, un oficio.

REZAMOS XUNTOS:

Señor, como estou afeita/o á miña realidade na que os nenos van ao cole, fan deporte, xogan... non sempre me lembro daqueles que non ten a posibilidade de vivir a súa infancia. Non permitas que viva insensible á dor destas persoas nin de costas á opresión que sofren moitos no mundo... Pídoche a coraxe que preciso para me comprometer na construción dun mundo mellor.

DESPEDÍMONOS:

Nai Divina Pastora, roga por nós. Madre Divina Pastora, ruega por nosotros. Mother Divine Shepherdess, pray for us. Mère Divine Bergère, priez pour nous.
San Xosé de Calasanz e Faustino Míguez, rogade por nós. San José de Calasanz y Faustino Míguez, rogad por nosotros. Saint Joseph Calasanz and Faustino Míguez, pray for us. Saint Joseph de Calasanz and Faustino Míguez, priez pour nous.
BeataVictoria, roga por nós. Beata Victoria, ruega por nosotros. Blessed Victoria, pray for us. Bénis Faustino et Victoria, priez pour nous.
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen.

No hay comentarios: