martes, 5 de febrero de 2019

Hoxe MARTES... rezamos cunha IMAXE

PREPARÁMONOS:

  • Fai un momento de silencio. Senta cómodo e respira fondo para estar en paz por dentro. Cae na conta de que Deus está contigo, escoitando o que hoxe Lle queres dicir e esperando que ti tamén o escoites a El. 
  • Comeza facendo amodo o sinal da cruz: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen. 

ESCOITAMOS:

Bo día! Como cada martes, rezamos cunha imaxe. Abre os teus ollos, a túa mente, o teu corazón... e contempla.

CONTEMPLAMOS:

PENSAMOS:

  • Que ves na imaxe? Que chama a túa atención? 
  • Que che suxire? 
  • A nena da foto non se decatou que se trataba dunha estatua. A nena non entende de relixión, non sabe que representa a Xesús e, nin sequera, sabe canto pesa o aceiro. Ela só viu a un ser humano que necesita axuda e non dubidou en prestarlla. Niso  consiste vivir con corazón de neno: mirar ao mundo cunha mirada limpa e tratando de facer a vida mellor.
  • Que podes facer ti para non perder a mirada propia da infancia?

REZAMOS XUNTOS:

Señor, teño moitísimas ganas de medrar e ser maior. Para facer o que me gusta. Para que non sexan outros os que me digan o que teño que facer. Para tomar as miñas propias decisións. E, en cambio, Ti dis que habemos de ser como nenos. Xesús, que na miña vida adulta non perda a miña inocencia, a capacidade de me sorprender día a día, o desexo de construír un mundo mellor, a pesar da cor gris que as veces ten a realidade. Amén.

DESPEDÍMONOS:

Nai Divina Pastora, roga por nós. Madre Divina Pastora, ruega por nosotros. Mother Divine Shepherdess, pray for us. Mère Divine Bergère, priez pour nous.
San Xosé de Calasanz e Faustino Míguez, rogade por nós. San José de Calasanz y Faustino Míguez, rogad por nosotros. Saint Joseph Calasanz and Faustino Míguez, pray for us. Saint Joseph de Calasanz and Faustino Míguez, priez pour nous.
BeataVictoria, roga por nós. Beata Victoria, ruega por nosotros. Blessed Victoria, pray for us. Bénis Faustino et Victoria, priez pour nous.
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen.

No hay comentarios: