martes, 9 de octubre de 2018

Hoxe MARTES... rezo cunha IMAXE

PREPARÁMONOS:

  • Fai un momento de silencio. Senta cómodo e respira fondo para estar en paz por dentro. Cae na conta de que Deus está contigo, escoitando o que hoxe Lle queres dicir e esperando que ti tamén o escoites a El. 
  • Comeza facendo amodo o sinal da cruz: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen. 

ESCOITAMOS:

Bo día! Como cada martes, rezamos cunha imaxe. Detente, tómate o teu tempo. Déixaa que fale. Abre os teus ollos, a túa mente, o teu corazón... e contempla.

CONTEMPLAMOS:

PENSAMOS:

  • Que ves na imaxe? Que chama a túa atención? 
  • Que che suxire? 
  • Pensas que o texto ten algunha cousa que ver coa imaxe? 
  • Debe ser a solidariedade cousa de moitos? Por que?
  • Habemos de ser solidarios? Con quen?

REZAMOS XUNTOS:

Señor, no cole sempre falan de moitos valores, entre eles o da solidariedade. E sucédeme que, ás veces, de tanto uso, esquezo o seu verdadeiro significado e a súa importancia. Tamén que a solidariedade non é só con aquelas persoas que están lonxe, senón que debo comezar a practicar esta actitude cos que teño preto. Que o teña sempre presente. Amén.

DESPEDÍMONOS:

Nai Divina Pastora, roga por nós. Madre Divina Pastora, ruega por nosotros. Mother Divine Shepherdess, pray for us. Mère Divine Bergère, priez pour nous.
San Xosé de Calasanz e Faustino Míguez, rogade por nós. San José de Calasanz y Faustino Míguez, rogad por nosotros. Saint Joseph Calasanz and Faustino Míguez, pray for us. Saint Joseph de Calasanz and Faustino Míguez, priez pour nous.
BeataVictoria, roga por nós. Beata Victoria, ruega por nosotros. Blessed Victoria, pray for us. Bénis Faustino et Victoria, priez pour nous.
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen.

No hay comentarios: