martes, 2 de octubre de 2018

Hoxe MARTES... rezamos cunha IMAXE

PREPARÁMONOS:

  • Fai un momento de silencio. Senta cómodo e respira fondo para estar en paz por dentro. Cae na conta de que Deus está contigo, escoitando o que hoxe Lle queres dicir e esperando que ti tamén o escoites a El. 
  • Comeza facendo amodo o sinal da cruz: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen. 

ESCOITAMOS:

Bo día! Como cada martes, rezamos cunha imaxe. Hoxe, como xa fixemos a semana pasada, é unha das pinturas do artista británico Banksy. Agardo que che guste e te axude a pensar. Detente, tómate o teu tempo. Déixaa que fale. Abre os teus ollos, a túa mente, o teu corazón... e contempla.

CONTEMPLAMOS:

PENSAMOS:

  • Que ves na imaxe? Que chama a túa atención? 
  • Que che suxire? 
  • Ás veces, na vida, deixamos que o que máis desexa o noso corazón se esfume, escápansenos os nosos anhelos máis profundos… porque vivimos alleos ao que nos pasa por dentro… E así nos vai! Que, en ocasións, nos atopamos vivindo a vida doutros e non a que nos faría realmente felices. Por isto, convídoche a che preguntar que vas facer ti para conectar co teu corazón.

REZAMOS XUNTOS:

Señor, moléstame moito que me digan o que teño que facer, dicir ou pensar. Con todo, non me dou conta que, a miúdo, non fago o que a min me gusta, o que creo que é o mellor, o que me fai feliz, senón que fago o que outros queren ou esperan de min. Ensíname, neste curso, a conectar co meu corazón. Que aprenda a escoitar a túa voz, que me fala no meu interior, e dime onde está a clave da miña felicidade. Amén.

DESPEDÍMONOS:

Nai Divina Pastora, roga por nós. Madre Divina Pastora, ruega por nosotros. Mother Divine Shepherdess, pray for us. Mère Divine Bergère, priez pour nous.
San Xosé de Calasanz e Faustino Míguez, rogade por nós. San José de Calasanz y Faustino Míguez, rogad por nosotros. Saint Joseph Calasanz and Faustino Míguez, pray for us. Saint Joseph de Calasanz and Faustino Míguez, priez pour nous.
BeataVictoria, roga por nós. Beata Victoria, ruega por nosotros. Blessed Victoria, pray for us. Bénis Faustino et Victoria, priez pour nous.
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen.

No hay comentarios: