martes, 5 de junio de 2018

Hoxe martes... REZAMOS CUNHA IMAXE

PREPARÁMONOS:

  • Fai un momento de silencio. Senta cómodo e respira fondo para estar en paz por dentro. Cae na conta de que Deus está contigo, escoitando o que hoxe Lle queres dicir e esperando que ti tamén o escoites a El. 
  • Comeza facendo amodo o sinal da cruz: No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen. 

ESCOITAMOS:

Bo día! Como cada martes, rezamos cunha imaxe. Detente, tómate o teu tempo. Déixaa que fale. Abre os teus ollos, a túa mente, o teu corazón... e contempla.

CONTEMPLAMOS:


PENSAMOS:

  • Que ves na imaxe? Que che suxire? 
  • A imaxe fala das dúas opcións que temos as persoas ante as dificultades ou mesmo a vida. Cal é a miña? Sento, queixo e lamento a dureza da miña situación ou traballo por atopar o xeito de saír adiante en cada momento?
  • Como me sitúo na recta final do curso? Como o primeiro ou como o segundo home da viñeta?

REZAMOS XUNTOS:

Señor Xesús, non sempre son consciente da sorte que teño. É verdade que as cousas poderían ser mellores para min, mais non me podo queixar. Dáme a forza e a coraxe que necesito para non me render ante as dificultades ou todo o que requira esforzo. De xeito especial, pídoche nestes días polos nosos exames. Que o traballo feito ao longo da avaliación obteña a súa recompensa. Todo isto pídocho por medio de María, a nosa Nai e Pastora. Amén.

DESPEDÍMONOS:

Nai Divina Pastora, roga por nós. Madre Divina Pastora, ruega por nosotros. Mother Divine Shepherdess, pray for us. Mère Divine Bergère, priez pour nous.
San Faustino Míguez, ruega por nosotros. San Faustino Míguez, roga por nós. San Faustino Míguez, pray for us. Saint Faustino Míguez, priez pour nous.
BeataVictoria, roga por nós. Beata Victoria, ruega por nosotros. Blessed Victoria, pray for us. Bénis Faustino et Victoria, priez pour nous.
No nome do Pai, do Fillo e do Espírito Santo. Amén. En el nombre del Padre y del Hijo y del Espíritu Santo. Amén. In the name of the Father, and of the Son, and of the Holy Spirit. Amen. Au Nom du Père, et du Fils, et du Saint-Esprit. Amen.

No hay comentarios: